Este mércores, 13 de agosto, as persoas interesadas poderán reservar a súa praza tanto nas tres tipoloxías de roteiros do Ares Indiano –a pé con Cayetano Lledó, en autobús e a bordo do M. Presas—como nos obradoiros de pintura, decoración e búsqueda do tesouro. Serán todas elas experiencias para gozar da oitava edición da celebración indiana!
ROTEIROS
Aventurarse nunha travesía no barco M. Presas e ver, durante un momento, a mesma imaxe que contemplaban os migrantes ao saír de Ares; observar o patrimonio arquitectónico do municipio sobre o autobús histórico polas parroquias ou afondar na historia que agochan algúns dos edificios do núcleo urbano con Cayetano Lledó nun paseo didáctico.
Esas son as tres grandes propostas que se porán en marcha durante o 22, 23 e 24 de agosto dentro da oitava edición do Ares Indiano e que precisarán de reserva previa para poder desfrutarse. As persoas interesadas poderán inscribirse nelas dende mañá, 13 de agosto, na Oficina de Turismo Municipal no seu horario cotián de apertura:
- De luns a venres, de 10:00 a 13:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
- Os sábados, domingos e festivos, de 10:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Establécese un máximo de 3 prazas por reserva, coa obrigatoriedade de ser maior de idade e formalizar o pago no caso dos roteiros guiados en autobús histórico (3 euros) e en barco pola ría (7 euros).
OBRADOIROS TEMATIZADOS
En paralelo aos roteiros, o VIII Ares Indiano contará con catro tipos de obradoiros orientados ós pequenos e pequenas, para que eles tamén teñan o seu espazo lúdico dentro da celebración:
- Decora a túa bolsa – máis de 4 anos
- Pintura Caribeña co Taler Mukina – de 4 a 13 anos
- Decora o teu abanico – máis de 4 anos
- E Búsqueda do tesouro indiano – de 4 a 12 anos
Todos eles partirán dun prezo de 3 euros e terán un proceso de inscrición telemático, habilitado no formulario web disponible en www.concellodeares.gal, dentro do apartado de inscricións do Ares Indiano, dende mañá mesmo.