Oswaldo Digón Presentará o seu Monólogo “Outra Movida” en Ares o vindeiro martes 26 de Decembro

Comparte esta nota de prensa

Este evento, parte da programación do Nadal organizada pola Concellaría de Cultura da localidade, terá lugar ás 20 horas no salón de actos da Alianza Aresana. Concibido como unha experiencia para pechar o ano con alegría e entretemento, o monólogo ofrecerá á  audiencia adulta un repertorio de relatos humorísticos. Oswaldo Digón, recoñecido actor e monologuista galego, compartirá cos asistentes unha selección de contos baseados na súa propia vida.

“Outra movida” preséntase como un testemuño cómico das vivencias e experiencias do artista. A comedia entrelázase a través de “contos baseados en feitos irreais, onde todos os personaxes cambiaron de nome para facilitar a identificación do público”.

A entrada a este evento cultural será gratuíta e non requirirá reserva previa, ata esgotar o aforo dispoñible.

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local