Entre os servizos que se inclúen na Oficina de Información Turística de Ares, sumóuselle dende o ano pasado un novo: realizar pagos con tarxeta, vía TPV, polos tramos horarios da zona azul.
Así, se aparcas o teu vehículo nalgunha das prazas azuis entre as 11:00 e 13:00 h. ou de 17:00 a 19:00 h., podes acudir ata a Oficina de Turismo e formalizar o pago de 1 euro xusto despois de estacionar o vehículo e realizar a reserva en www.aparcares.com.
Lembra que o sistema de regulación do estacionamento para racionalizar e evitar a conxestión do núcleo urbano de Ares está operativo dende o 1 de xullo até o 31 de agosto.