PARQUES E XARDÍNS

Parque Rosalía de Castro

O parque Rosalía de Castro, xunto co seu piñeiral, están situados na entrada da localidade e representan unha das máis importantes señas de identidade do municipio. O parque conta cun balancín para nenos de mobilidade reducida, tentando así que sexa un lugar accesible para todos os nenos e nenas. Ademais, a súa proximidade coa praia proporciónalle o dobre de atractivo, así como comodidade para os visitantes.