A mostra coas obras presentadas ao certame poderase visitar no CIRS de Cervás desde mañá, mércores 20, ata o 30 de setembro
O premio de 1.400 euros á mellor das obras presentadas á décimo sexta edición do certame de pintura Manuel Rebón-Concello de Ares foi para o valenciano Pacual Gimeno Montalar, por “La Pasarela”. Así o decidiu o xurado despois da deliberación na xornada do pasado venres. No caso da categoría de mellor pintor/a local, o premio de 550 euros foi para Antonio Seijas Cruz, que consegue este galardón coa obra “Man”.
En canto aos accésits, o primeiro foi para Víctor Rodríguez Espiñeira, da A Coruña, que presentou a obra “Virxe do Carme”, mentres que o segundo o recibiu Daniel Menéndez Isturiz, procedente de Navarra, pola obra “Acantilado”.
A exposición con todas as obras quedará inaugurada mañá no CIRS de Cervás e poderase visitar ata 30 de setembro, data na que ademais da clausura da mostra procederase á entrega dos premios, concretamente ás 19:00 horas. O horario de visitas será, polas mañás, de 12.00 a 15.00 horas e, polas tardes, a partir das 18.00 horas, de luns a domingo (agás os martes).
Primeiro premio Manuel Rebón 2023: La Pasarela de Pascual Gimeno Montalar (Massamagrell, Valencia)
Accesit 1: Virxe do Carme de Víctor Rodríguez Espiñeira (A Coruña)
Accésit 2: Acantilado de Daniel Menéndez Isturiz (Burlada, Navarra)
Mejor pintor local: Man de Antonio Seijas Cruz