O Concello vén de informar do peche provisional do aparcadoiro de residentes de Redes para executar varias intervencións de mantemento e xardinaría nesta infraestrutura.

Así, dende esta mesma noite do xoves, 6 de novembro, a partir das 22:00 h. e até a finalización dos traballos que se realizarán ao longo da xornada do venres, 7 de novembro, a área de estacionamento permanecerá pechada.

Restablecerase o seu funcionamento o antes posible, toda vez que se remate coas actuacións previstas.