Policía Local
HORARIO
Mañás:
Tardes:
LOCALIZACIÓN
Av. Saavedra Meneses, 12
15624 Ares, A Coruña
A misión deste Corpo da Policía Local é a prestación ós veciños de toda a protección e colaboración necesarias, para que estes poidan exercer con total liberdade tódolos dereitos que lles recoñecen ás leis en vigor, así como a de desempeñar as funcións establecidas no artigo 53 da Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade:
Protexer ás Autoridades da Corporación Local do Concello de Ares, vixiar e custodiar os edificios e instalacións municipais, así como os bens de uso público local. Esta función supón especialmente a prestación dos servicios seguintes:
- Protección do Alcalde, Tenentes de Alcalde e Concelleiros no exercicio das súas funcións de goberno e administración municipal.
- Protección dos funcionarios municipais na realización das dilixencias que forman parte da súa función.
- Cooperación á representación corporativa, acompañando ás autoridades municipais en cerimonias e ocasións solemnes, tales como recepcións, procesións, desfiles, festas e outras de análoga natureza
- Custodiar e vixiar os bens de dominio público e patrimoniais ou de propios de responsabilidade municipal.Constitúen bens ós efectos de custodia e vixilancia por parte da Policía Local:
- Os de Dominio e Servicio público local, tales como Casa Consistorial, escolas, cemiterio, centro de saúde, elementos de transporte, piscinas e campos de deportes, e en xeral calesqueira outros bens directa ou indirectamente destinados á prestación dos servicios públicos ou administrativos.
- Os de Dominio e Uso público como son os camiños, rúas, paseos, parques, augas de fonte e estanque, pontes e demais obras públicas de aproveitamento e utilización xeral cuxa conservación e garda sexan competencia do Concello.
- Os bens patrimoniais ou de propios obxecto de custodia e vixilancia que sendo de propiedade do municipio non estean destinados ó uso público nin afectados a algún servicio público e poidan constituír fontes de ingreso para o municipio.
Ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico no casco urbano, cos medios a súa disposición e de acordo co establecido nas normas de circulación. Esta función implica especialmente:
- Velar polo cumprimento das disposicións contidas no Real Decreto Lexislativo 339/90 de 2 de marzo, e as súas disposicións Complementarias, Código da Circulación e na Ordenanza Municipal de Circulación, mediante indicacións ou, no seu caso, denunciando ós infractores e incluso adoptando, se as circunstancias o requiren, medidas de coerción previstas pola Lei.
- Control e informe da ordenación do tráfico.
- Vixilancia e informe da sinalización viaria.
- Prevención dos accidentes de tráfico
- Manter despexada de obstáculos a vía pública.
- Suplir coa súa actuación as deficiencias e avarías que se produzan nos elementos de sinalización viaria.
- Regular a circulación rodada e de peóns ante aglomeracións de vehículos e persoas a fin de procurar un normal desenvolvemento do tráfico en condicións de seguridade.
- Informar ó público nestas materias.
- Colaborar nas campañas sobre educación viaria, especialmente no ámbito escolar.
- Para o desenvolvemento das funcións de ordenación, regulación e sinalización, todos aqueles gabinetes e departamentos técnicos que sexan necesarios para optimizar a fluidez do tráfico en tódalas vías urbanas actuarán en coordinación coa Policía Local, sen prexuízo das atribucións que ostenta o Alcalde en canto á dirección do goberno e a administración municipal e á dirección, inspección e supervisión dos servicios municipais.
Instruír atestados por accidentes de circulación dentro do casco e vías urbanas.
Policía Administrativa, velando polo máis exacto cumprimento das Ordenanzas, Bandos e demais disposicións do Concello de Ares, dentro do ámbito das súas competencias. En particular, exerceranse funcións de Policía Administrativa nas seguintes materias:
- Convivencia cidadá.
- Circulación e transportes.
- Disciplina urbanística.
- Protección do Medio Ambiente.
- Salubridade e Hixiene.
- Feiras e Mercados.
- Instrucción e cultura.
- Conservación e uso da vía pública.
- Actividades profesionais, comerciais e industriais.
- Protección, seguridade e defensa de persoas e bens.
- Turismo.
- Asistencia Social.
- Fiscal no ámbito da Facenda Municipal e, nos casos que proceda, na Autonómica e Estatal.
- Alumeado público e telecomunicacións. Servicios de subministración de augas, limpeza viaria, de recollidas e tratamento de residuos, rede de sumidoiros e tratamento de augas residuais.
- Transporte público de viaxeiros.
- Cumprimento da escolaridade obrigatoria.
A Policía Local de Ares, poderá tamén exercer funcións de policía administrativa de carácter estatal ou autonómico mediante a denuncia das infraccións pertinentes diante dos órganos competentes para a súa resolución.
Participar nas funcións de Policía Xudicial de conformidade co ordenamento xurídico, practicando cando fora necesario as primeiras dilixencias de prevención, dando conta de tales actuacións á Autoridade Xudicial e o Ministerio Fiscal, todo isto baixo os principios de cooperación e colaboración coas demais Forzas e Corpos de Seguridade.
A prestación de auxilio, nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando na forma prevista nas leis, na execución dos plans de Protección Civil.
Efectuar dilixencias de prevención e cantas actuacións tendan a evitar a comisión de actos delictivos no marco de colaboración establecido na Xunta Local de Seguridade.
Vixiar os espacios públicos e colaborar coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e coa Policía da Comunidade Autónoma na protección das manifestacións e no mantemento da orde en grandes concentracións humanas cando sexan requiridos para tal fin.
Cooperar na resolución dos conflictos privados, cando sexan requiridos.