Tes unha empresa dedicada ao sector cultural ou que venda produtos relacionados con el? Pois esta iniciativa pode interesarte!

Trátase do “Bono Cultural Joven”, unha axuda directa de 400 euros promovida polo Ministerio de Cultura para as persoas que cumpran 18 anos ao longo de 2022. Con ela, os mozos e mozas poderán adquirir bens e actividades culturais: entradas e abonos para cine, museos, música en directo, compra de libros, prensa, videoxogos, revistas, discos… e moitos tantos produtos do sector.

Por iso, se queres que a mocidade poida facer uso do seu bono cultural no teu establecemento, xa podes adherirte á iniciativa a través desta ligazón: https://bonoculturajoven.gob.es/.