O Casino Aresán acolleu esta semana o punto e final das actividades para persoas maiores dentro da programación municipal Envellecendo en Ares 2024-2025, unha iniciativa que procura promover unha vellez de calidade, con socialización, aprendizaxes e estimulación cognitiva na veciñanza de máis de 55 anos.
Preto de 60 participantes dos obradoiros do Concello de manexo do smartphone, risoterapia, lectoescritura e memoria acudiron este martes ás instalacións do Casino para brindar polo feito e aprendido até o de agora, dar a benvida ao descanso estival e prepararse para empezar o curso 2025-2026, xa en outubro, con máis forzas.
Foi unha tarde chea música, boas amizades e moito baile, ademais de estar amenizada polas cancións do noso veciño Geno Fernández, e coa presenza da concelleira de Igualdade e Benestar, Victoira Montenegro.