Comeza a programación deportiva de VeraneAres coas actividades de baile, que se prolongarán durante os meses de xullo e agosto.
O Concello de Ares inicia ao longo dos primeiros días deste mes a súa oferta deportiva incluída na programación de VeraneAres. Así, durante a xornada de mañá impartirase a primeira clase de baile latino na Praza da Constitución da vila aresá.
A actividade dos bailes latinos, totalmente de balde, realizarase todos os martes durante os meses de xullo e agosto, de 20.30 horas a 21.30 horas, e requirirá inscricións por xornada. As persoas interesadas poderán formalizar a súa solicitude de participación ata o día previo á actividade, chamando ao teléfono 981 448 057, ou inscribíndose en persoa na Alianza Aresana.
Dende a Concellería de Deportes tamén lembran que estas sesións se complementan coa actividade de ZumbAres, que se levará a cabo todos os xoves de xullo e agosto e contan co mesmo método de inscrición.
Anímate a disfrutar do verán e apúntate a estas actividades que hibridan a música, o deporte, a diversión e o ocio ao aire libre!