Primeiras sesións do campamento tecnolóxico do Concello e a Fundación Esplai

Comparte esta nota de prensa

  • As instalacións da Aula CeMIT, na Casa da Xuventude de Ares, acolleron a inauguración dos cursos de CRI TIC: Infancia e xuventude con criterio dixital, unha iniciativa destinada á rapazada de 9 a 17 anos.
  • Durante o que queda de xuño e todo xullo, a mocidade aprenderá sobre intelixencia artificial, ciberseguridade, robótica, programación ou ciberseguridade, ao tempo que desenvolven o pensamento crítico.

 

O Concello de Ares e a Fundación Esplai deron comezo esta mesma mañá co campamento de verán “CRI TIC: Infancia e xuventude con criterio dixital”, unha iniciativa con perspectiva lúdico-formativa inaugurada hoxe na Aula CeMIT da Casa da Xuventude. As súas sesións parten dun obxectivo claro: achegar as novas tecnoloxías á rapazada dun xeito seguro, consciente e creativo.

Así, as súas actividades oriéntanse a mozos e mozas de 9 a 17 anos e estenderanse durante o que queda de xuño e todo xullo. O equipo de monitores incluirá obradoiros prácticos sobre intelixencia artificial (IA), robótica, programación, readidade virtual e ciberseguridade empregando metodoloxías participativas, facendo que a mocidade adquira coñecementos dende o xogo e se familiarice co uso responsable das ferramentas dixitais ao seu alcance.

O campamento supón unha aposta pola educación e alfabetización tecnolóxicas, contribuíndo a aprender nunha contorna segura e impulsar a creatividade da rapazada. O itinerario formativo dos cursos é de 30 horas e ao finalizar entregarase un diploma acreditativo.

 

Pódeche interesar