PROGRAMA sendARES 2025: Saída extraordinaria a Asturias

Comparte este evento

Sendeirismo por Asturias: Travesía Tarna-La Uña e Ascensión ao Pico Gilbo

LIGAZÓN PARA INSCRIBIRSE: https://forms.gle/7kmmkj1vchjtV6SP8

Data: Sábado, 10  de maio e domingo 11 de maio –

Prezo (2 rutas): 130 euros

INSCRICIÓNS:

  • Empadroados/as: do 13 de marzo ao 14 de marzo, ambas ás 18:00 h.
  • Non empadroados/as: do 14 de marzo ás 18:00 h. en adiante.

NORMATIVA DO PROGRAMA

Convócanse 23 prazas para toda a saída por Asturias, estando dirixidas para calquera persoa maior de 16 anos. No caso de menores de idade deberá participar sempre baixo a tutela dun adulto responsable que se comunicará no momento da inscrición.

Para formalizar a inscrición é preciso acceder á web municipal (www.concellodeares.gal) e premer en SendAres 2024/2025; desta maneira  enviarase a solicitude de participación. As solicitudes quedarán rexistradas por orde de inscrición, de cara a confeccionar os listados de cada ruta en base a este criterio, así como a listaxe de agarda.

Unha vez confirmada a praza a cada solicitante, indicarase a forma de pagamento. O prezo é de 130 € por participante e leva incluído os servizos de guía, seguros, transporte e aloxamento dunha noite no albergue de Maraña (con almorzo incluído, así como sábanas, fundas de almofada e nórdico).

Os desprazamentos serán sempre en microbuses, saíndo e regresando ós puntos establecidos previamente.  Partirase da Praza da Igrexa de Ares.

Cada participante deberá levar a súa mochila cos elementos necesarios para a ruta, sen esquecer o seu avituallamento persoal para as dúas xornadas. Igualmente faise necesario dispoñer de calzado e roupa adecuada.

 

Pódeche interesar...