Protección Civil
HORARIO
Mañás:
Tardes:
LOCALIZACIÓN
Ares, A Coruña
A colaboración voluntaria e por tempo determinado dos veciños á Protección Civil Municipal levará a cabo mediante a incorporación dos mesmos á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
A Agrupación dependerá directamente do Alcalde, que poderá delegar o exercicio das súas funcións e competencias no Concelleiro Delegado de Protección Civil. Con todo, a Agrupación encadrarase, orgánica e funcionalmente, na Unidade municipal de que dependan os Servizos de Seguridade e Policía Municipal, no seu caso.
A vinculación dos voluntarios co Concello non ten o carácter de relación laboral ou administrativa, senón tan só de colaboración voluntaria para a prestación de servizos de modo gratuíto e altruísta, como medio de realización de accións humanitarias e de solidariedade social que constitúen o fundamento das relacións de boa veciñanza.
Poderán incorporarse á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, como colaboradores en misións de orientación, asesoramento e asistencia técnica, os veciños con formación e experiencia suficiente no exercicio profesional ou vocación relacionada con algunha das entidades deste Servizo Público.
Así mesmo, poderán incorporarse á Agrupación como voluntarios activos todos os veciños maiores de 18 anos e menores de 60 anos que acrediten dispoñer de tempo libre determinado e que superen as probas de aptitude psicofísica e de coñecementos que se determinen, así como as de formación básica e especialización que procedan.
A incorporación á Agrupación farase sempre en virtude de solicitude do interesado, acompañada dunha declaración de non acharse inhabilitado para funcións públicas por sentenza firme e do compromiso de honra de coñecer e aceptar o contido do respectivo Regulamento, así como do disposto na normativa vixente sobre Protección Civil e de executar as tarefas que se lle encomenden polas Autoridades competentes ou os seus delegados e axentes.
A condición de membro da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil faculta unicamente para realizar as actividades correspondentes á mesma en relación con situacións de emerxencia nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade publica. Os compoñentes do mesmo non poderán realizar, amparándose na mesma, xa sexa en relación cos mandos dela ou con outras persoas, actividades de carácter persoal ou de finalidade relixiosa, política e sindical.
O voluntario de Protección Civil ten dereito a usar os emblemas, distintivos e equipos do Servizo, así como os da categoría que lle corresponda, en todos os actos públicos nos que sexan requiridos, sendo obrigatorio o seu uso en casos de intervención especial, sinistros ou calamidades, a efectos de identificación.
- Cursos de orientación de aspirantes ao voluntariado de Protección Civil.
- Cursos de formación básica dos aspirantes seleccionados para incorporarse á Agrupación.
- Riscos, accidentes e autoprotección.
- Incendios forestais e urbanos, teórica e práctica.
- Comunicacións, teórica e práctica.
- Primeiros Auxilios, teórica e práctica.
- Cursos de perfeccionamento para os voluntarios pertencentes á Agrupación.
- Plan de emerxencias municipais, P.E. M.U.
- Curso de condución todoterreo.
- Incendios urbanos e forestais.
- Procura e rescate en montaña.
- Orientación e cartografía.
- Psicoloxía en catástrofes.
- Primeiros auxilios.
- Accidentes na estrada e excarceración.
- Reanimación cardiopulmonar e desfibrilación, manexo do D.E.S.A.
- Exercicios prácticos, con carácter periódico, para mellora permanente da preparación dos compoñentes da Agrupación.
- Os cursos terán un contido teórico-práctico determinado de conformidade coa normativa ditada pola Dirección Xeral de Protección Civil.
- Ademais de canto antecede, a actividade formativa completarase coas seguintes actividades:
-
-
- A organización de bibliotecas e fondos de comunicación sobre Protección Civil e, especialmente, en relación coa organización e funcionamento de agrupacións de colaboradores voluntarios e outras modalidades da participación cidadá.
- O mantemento de relacións de colaboración mutua con outras Administracións Públicas ou entidades privadas relacionadas con Protección Civil.
- A elaboración e edición e, no seu caso, promoción de publicacións periódicas e unitarias sobre temas de Protección Civil e, especialmente, as destinadas á formación de voluntarios e á divulgación de recomendacións á poboación sobre factores de risco potencial de emerxencia e comportamento ante os mesmos.
-
- Contamos con 2 vehículos todo terreo, un camión de bombeiros, varias embarcacións pneumáticas, un D.E.S.A., todos os nosos vehículos están equipados cunha caixa de primeiros auxilios completa de primeiros auxilios.
- Nissan Patrol, vehículo 4×4 homologado para 9 prazas para o traslado de persoal e medios contando tamén coa posibilidade de transportar unha padiola de pas en lugares de dificil acceso. Dotado de emisora, cabrestante, remolque de dobre eixo lixeiro.
- Ssanyong Rexton, vehículo 4×4 homologado para 5 prazas para o traslado de persoal e medios, cumprindo funcións de ambito xeral. Dotado de emisora, cabrestante, ferramentas e pequena maquinaria como motosierra, rozadoras,…
- Mercedes Sprinter auto-bomba, dotada con capacidade de 1.200 litros, xerador para torre de luces incorporada e para fornecer corrente de 5.000 W, bomba de achique autónoma, tres uniformes de intervención inifugos cos seus correspondentes equipos de respiración autónoma, carretes de mangueiras de extinción de 45 e 25 mm de sección con axustes tipo barcelona, un carrete mecanizado listo para usarse de 50 m de 25 mm de sección e difusor de espumógenos para incendios de mercancias paeligrosas por exemplo químicos, carburantes, gases, tóxicos…
- Dúas embarcacións pneumáticas semirígidas de 4,10 m de eslora, con motores de 20 e 25 cv, e ademais imos poder contar, grazas ao noso concello e á deputación da Coruña, cunha nova embarcación de maior eslora e cun motor máis potente.