O proxecto “DEFINICIÓN, DESEÑO E IMPLEMENTACIÓN DE RUTAS TEMATIZADAS PARA A PROMOCIÓN DO PATRIMONIO MARIÑEIRO NO CONCELLO DE ARES. ARES DESCOBRE” está impulsado polo Concello de Ares para promover a oferta de actividades que poñan en valor o medio ambiente e o patrimonio ligado ao mar, concienciando sobre a preservación da contorna natural e patrimonial e recoñecendo os oficios do mar e a calidade diferencial dos produtos mariñeiros neste territorio.

ARES DESCOBRE está a realizarse grazas ás axudas que a Unión Europea ofrece, no marco do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e que a Consellería do Mar aprobou para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).
• Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 44.528,00 €
• Coste subvencionable do proxecto (inversión pública + inversión privada): 44.528,00 €
• Total axuda pública aprobada (€): 40.075,20 €
• % Subvención: 90

Obxectivo xeral:
Promover a oferta de experiencias e actividades que poñan en valor o medio ambiente e o patrimonio ligado ao mar (patrimonio material, arquitectónico, natural e patrimonio inmaterial), que incrementen a conciencia da necesidade da preservación da contorna natural e patrimonial, así como do recoñecemento dos oficios do mar e da calidade diferencial dos produtos pesqueiros do territorio de Golfo Ártabro Norte.

Obxectivos específicos:

  1.  Poñer en valor o patrimonio natural, arquitectónico e inmaterial o vinculado ao mar, aos oficios e aos produtos pesqueiros locais do Golfo Ártabro Norte.
  2. Consolidar o recoñecemento dos produtos pesqueiros como sinal de identidade, así como do sector pesqueiro e o seu modelo de extracción sustentable, reforzando a súa calidade diferencial.
  3. Fomentar a oferta de experiencias públicas e privadas (relacionadas co medio ambiente e o patrimonio mariño, así como os oficios do mar e os produtos pesqueiros), procurando a desestacionalización turística e o incremento dos días de estancia media.

Para acadar estes obxectivos, levaranse a cabo as seguintes actuacións, ao longo de 2021 e 2022:

Actividades:
Anualidades 2021 

  1. Definición do proxecto. Análise estratéxica de produto e público obxectivo

Anualidades 2022

  1. Identificación de rutas e trackeado. Sendeirismo e BTT
  2. Elaboración de contidos, gravacións e códigos QR
  3. Deseño gráfico e adaptación web e redes sociais
  4. Implementación na web municipal e accións de promoción no territorio