O Concello de Ares publica as bases que rexerán o proceso de contratación dos seguintes perfís profesionais:
- 7 peóns para o Servizo Municipal de Limpeza de Praias cunha duración de 2 meses (a determinar pola entidade contratante), prestando unha xornada de 37,5 horas semanas na medida e xeito requiridas polo interese do servizo.
- 2 técnicos/as de turismo para a Oficina de Información Turística (OIT) por unha duración de 4 meses ao 75 % da xornada.
Os aspirantes poden consultar toda a información na web municipal e terán até o vindeiro martes, 20 de maio, para a presentación das solicitudes e concorrer no proceso selectivo de persoal.
BASES COMPLETAS – TÉCNICO/A DE TURISMO: https://concellodeares.gal/bases-especificas-para-a-contratacion-laboral-temporal-de-dous-tecnicos-para-a-caseta-de-turismo-2025/
BASES COMPLETAS – PERSOAL PARA LIMPEZA DE PRAIAS: https://concellodeares.gal/bases-para-a-provision-en-rexime-laboral-temporal-de-7-peons-para-os-servizos-municipais-de-limpeza-de-praias-veran-2025/