Punto final ao IV Torneo-maratón de fútbol sala infantil do C.C. Outeiro

Comparte esta nota de prensa

Durante catro días, a rapazada acudiu á pista do Centro Cultural Outeiro de Chanteiro para formar parte do IV Torneo-maratón de fútbol sala infantil que se estivo a celebrar dende o 24 ao 27 de xullo con máis de 20 equipos.

E para oficializar o seu peche, o C.C. Outeiro celebrou onte a última xornada coa súa entrega de medallas e resultados finais, coa presenza da concelleira de Deportes, Alma Barrón, para incorporarse ó acto que pon punto final ao evento deportivo.

Pódeche interesar