O Concello vén de instalar o punto limpo móbil na contorna de Cortiñas Gil, no núcleo urbano de Ares. Lembra que poderás depositar nel os seguintes residuos domésticos:
✅ Pilas e baterías.
✅ Lámpadas e tubos fluorescentes.
✅ Aceites minerais.
✅ Aceites vexetais.
✅ Pequenos electrodomésticos.
✅ Roupa e calzado.
Aproveita e desfaite do que non precises para que poida ser tratado adecuadamente!