Avisos

🔹 Lembra que esta semana os puntos limpos móbiles se ubican nas contornas do 📍Porto e Seselle para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos.
🚮 Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente!
♻️ PUNTO LIMPO DE SESELLE
Podes depositar:
✅ Pilas e baterías.
✅ Lámpadas e tubos fluorescentes.
✅ Aceites minerais.
✅ Aceites vexetais.
✅ Pequenos electrodomésticos.
✅ Roupa e calzado.
♻️ PUNTO LIMPO DO PORTO
Podes depositar:
✅ Aceites de cociña usados.
✅ Roupa.
✅ Equipos electrónicos con compoñentes perigosos.
✅ Equipos electrónicos sen compoñentes perigosos.