Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas de Cortiñas Gil e Redes, para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos.

Aproveita e desfaite do que non precises para que poida ser tratado adecuadamente!

PUNTO LIMPO DE CORTIÑAS GIL

  • Pilas e baterías.
  • Lámpadas e tubos fluorescentes.
  • Aceites minerais.
  • Aceites vexetais.
  • Pequenos electrodomésticos.
  • Roupa e calzado.

PUNTO LIMPO DE REDES

  • Aceites de cociña usados.
  • Roupa.
  • Equipos electrónicos con compoñentes perigosos.
  • Equipos electrónicos sen compoñentes perigosos.