Se hai algo que destaca en Ares, é a riqueza do seu patrimonio natural: do verde das paisaxes de interior ao amarelo das praias e o azul da nosa ría. A natureza segue a ser un deses elementos que singularizan á vila e que a converten nun punto de referencia na práctica turística e de deportes náuticos.
E na planificación deportiva que fai o Concello neste período estival, o mar para nada fica atrás! As sesións de kaiak e paddlesurf, o contacto coa area co vóley, as actividades dos campamentos urbanos nas praias e nos parques… todo camiña ca reivindicar o incrible valor dos espazos naturais que temos arredor.
Para vivir Ares, non hai nada mellor que coller a pala e a mochila, como fai a rapazada do VeraneAres Deportivo, e botarse a explorar!