Este ano, o stand do Concello, ubicado durante todo o evento indiano na Avenida Saavedra Meneses, número 16, volverá a contar cunha oferta de artículos tematizados para todo aquel que desexe levarse á casa un recordo con historia.
A gran novidade nesta última edición chega froito da colaboración entre a Asociación Nuestra Señora de Chamorro e o Concello, co apoio económico de Autoservicios Familia. Os seus usuarios encargáronse de deseñar e confeccionar tres pezas únicas cargadas de simbolismos: unha bolsa de tea, un neceser e un imán de madeira con forma de maleta. Dende edificios emblemáticos da vila como A Tenencia, a Alianza Aresana ou o CIRS Cervás, son unha boa lembranza da memoria migratoria dun e outro lado do océano.
A eles súmaselle a oferta de sombreiros, alpargatas, bálsamos labiais, lanyards ou vasos que estarán preparados para que tamén se poidan levar durante a celebración da oitava edición do Ares Indiano.
Acode ao stand municipal e escolle o teu recordo durante o 22, 23 e 24 de agosto!