O Concello vén de informar do dispositivo de tráfico que se habilitará para o evento deportivo local da Milla Urbana, organizado para este sábado, 6 de agosto, en horario de mañá.

Haberá limitacións no estacionamento -prohibido dende as 08:00 horas ata o remate da proba- e na circulación de vehículos -prohibida dende as 10:00 ata as 14:00 horas- na área do porto.

A maiores, a área de Deportes anunciou que a retirada de dorsais se verá ampliada nun día. Desta maneira, poderá realizarse xa mañá, xoves, 4 de agosto, de 10:00 a 14:00 e tamén o venres, baixo o mesmo horario, nas instalacións da Alianza Aresana.