RESOLUCIÓN DA ALCALDIA Nº 476/22

Alcalde-Presidente
D. Julio Ignacio Iglesias Redondo

Asunto: RESOLUCIÓN LISTA AGARDA AUXILIAR ADMINISTRATIVO – PROCESO DE SELECCIÓN OBRADOIRO EMPREGO REINICIA IX

A vista da Resolución da Alcaldía 469/22 de data 27-09-2022 na que aprobase a selección definitiva dos candidatos/as dos postos de Dirección, Docentes e Aux. Administrativo do obradoiro de emprego REINICIA IX.

Recibida instancia de Dna. Marta Chas López, con Rexistro Núm. 2022-E-RC-4040 en data 29-09-2022 na que solicita Renunciar ao posto de Axuliar Administrativo por ser proposta para contratación con anterioridade noutro Obradoiro.

Esta Alcaldía en uso das súas competencias, e mais concretamente segundo o establecido no Artigo 21 da Lei 7/1985 do 2 de abril Reguladora de Bases do Réxime Local,
RESOLVE:

Primeiro.- Aceptar a renuncia presentada por Dna. Marta Chas López.

Segundo.- Proceder coa seguinte na listaxe definitiva de aspirantes para o posto de Auxiliar Administrativo segundo a súa puntuación obtida por orde de maior a menor.
Terceiro.- Aprobar a seguinte na lista de agarda e comunicar ao señor alcalde a seguinte proposta para a súa contratación:

✓ Auxiliar Administrativo: Dna. María Begoña Filgueira Herva

Así o acorda e dispón o Sr. Alcalde-Presidente D. Julio Ignacio Iglesias Redondo, en Ares a, vinte e nove de setembro de dous mil vinte e dous, e do que eu como Secretario dou fe.

O ALCALDE

D.S.M.
O SECRETARIO

RESOLUCIÓN en pdf