ANUNCIO RESULTADO FASE DE CONCURSO

PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL COMO TRABALLADOR/A SOCIAL.

Sendo as 10:30 horas do día 27 de decembro do 2023, procédese á reunión da Comisión Seleccionadora para o proceso de selección CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL COMO TRABALLADOR/A SOCIAL, integrada polos seguintes membros: Presidente D. José Luis Castro Feijóo, Secretario D. Manuel Larrosa Rodríguez e vocais: D. Javier Sánchez Romero – Dna Caridad Nieto Taramona e Dna Mª Concepción Dragó Porta, co obxecto da fase de concurso valorando:

“Experiencia Profesional:

  • Por cada ano completo desempeñado como Traballador/a Social na Administración local ou noutra Administración pública : 1,00 punto, prorrateándose a puntuación en caso de períodos
  • Por cada ano desempeñado como Traballador Social fóra da administración Pública: 0,50 puntos, prorrateándose a puntuación en caso de períodos

puntos.

Os méritos alegados polos/polas aspirantes deberán acreditarse para a súa valoración, exactamente, do seguinte xeito (non sendo obxecto de valoración en caso contrario):

-Os Servizos prestados na Administración pública, mediante certificación expedida pola autoridade ou funcionario competente, que reflicta as tarefas desempeñadas e modelo oficial vida laboral.

-Os Servizos prestados en empresas privadas, mediante presentación do modelo oficial vida laboral aos que deberán acompañar, inescusablemente os contratos de traballo debidamente rexistrados no SEPE.

-Os servizos prestados mediante contratación administrativa de servizos, con copia do contrato e certificado da Administración pública onde se prestaron e o tempo total de prestación.

-Os servizos prestados como autónomo/a, mediante certificado de alta no IAE e certificado da Administración pública ou representante da empresa privada que poidan acreditar un tempo de servizos para as mesmas. En todo caso dos referidos documentos deberá desprenderse o traballo que desempeñaba a persoa interesada especificando as funcións e tarefas realizadas.

Os méritos valoraranse con referencia ó día anterior ó do inicio do prazo de presentación de instancias e acreditaranse documentalmente na solicitude de participación coa presentación dos orixinais ou fotocopias compulsadas.

Non se terán en conta polo tanto méritos mais aló da indicada data.”

 

O tribunal unha vez comprobada e valorada a documentación aportada seguindo as bases do concurso emite o seguinte resultado:

NIF NOME E APELIDOS Proba de Galego
***4554** ADELAIDA FATIMA ABAD ISLA 1,5
***5034** CARLA CARBALLEDO ROCA 1,5
***0407** LAURA MARIA GROBAS PETEIRO 0
***0197** ÓSCAR CABANA GONZÁLEZ 1,5
***0348** PATRICIA SEOANE TORRENTE 0
****963** PAULA HERNANDO MARTINEZ. 1,5

Segundo.- A efectos de alegacións ou reclamacións, establecerase un prazo de dous días hábiles seguintes ao da publicación da presente na web www.concellodeares.com.

 

En Ares a 27 de decembro do 2023

O Secretario

Anuncio resultado fase de concurso en pdf