RURAL TIC ARES 2024

Comparte este evento

A Concellaría de Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICS) de Ares desvelou a oferta de cursos que se poñen a disposición da veciñanza e tecido empresarial no marco do programa Rural TIC do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana. Os obradoiros terán lugar entre o 15 de abril ata o venres, 26 deste mes.

LISTAXE DE OBRADOIROS DESTINADOS Á VECIÑANZA

  • Obradoiro 1: programas de formación en uso de aplicacións tecnolóxicas a colectivos sociais, maiores, persoas vulnerables, asociacións, etc.
  • Obradoiro 2: saúde e comunicación dixital, correo electrónico, mensaxería instantánea.
  • Obradoiro 3: seguridade e privacidade na internet, estafas en liña, prevención.
  • Obradoiro 4: banca dixital e compra en liña, transferencias, bizum, declaración renda, modos de pago, webs de confianza, envíos e devolucións.
  • Obradoiro 5: trámites administrativos, seguridade social, prestacións, outros trámites administrativos.
  • Obradoiro 6: saúde, citas médicas, xogos memoria, recordatorio medicamentos, localización familiares…
  • Obradoiro 7: lecer e tempo libre, redes sociais, viaxes e restauración, información xeral.
  • Obradoiro 8: programas dos riscos do uso da internet dos fillos e vixilancia activa dirixida a pais/nais/titores.

LISTAXE DE OBRADOIROS DESTINADOS A EMPRESAS

  • Obradoiro 1: transversal de iniciación, nivel e dixitalización dos participantes e recollida de necesidades.
  • Obradoiro 2: programas de formación en tecnoloxías e ferramentas dispoñibles para negocios e pequenos empresarios.
  • Obradoiro 3: creación de páxina web en liña de inicio a fin.
  • Obradoiro 4: posicionamento dixital: web, Blog, tenda en liña, plataforma redes sociais, correo electrónico, anuncios de pago.
  • Obradoiro 5: ferramentas dispoñibles para a organización interna da peme ou autónomo.
  • Obradoiro 6: certificados dixitais, tramitación electrónica, plataformas de contratacións.

2024-RURAL TIC ARES-22024-RURAL TIC ARES-3

Pódeche interesar...