Este roteiro circular que parte do Petelo, xunto ao Club de remo de Ares, ofrece un percorrido costeiro para descubrir as calas, illotes, cantís e bosques litorais que forman parte do gran patrimonio natural do territorio de Ares. Na parte final deste traxecto poderás observar parte do legado de arquitectura indiana que se conserva en núcleo urbano de Ares.
Datos técnicos:
Distancia: 9,12 km
Dificultade: Moderada
Punto de inicio e fin: O Petelo xunto o Club de remo Ares (Ares)
Patrimonio: Inmaterial, paisaxístico, xeolóxico e biolóxico