Este percorrido transcorre integramente pola parroquia de Cervás, tomando o seu cemiterio como punto de partida e chegada, para acadar Punta Coitelada, un impresionante miradoiro natural. Os xistos, lousas e cuarcitas deixan paso ás paisaxes graníticas e acompañan á panorámica que, en días despexados, pode chegar ata a costa de Malpica e as illas Sisargas. O areal de Chanteiro ou a Ermida da Mercé son outros puntos do patrimonio aresán que destacan neste itinerario.
Datos técnicos:
Distancia: 10,29 km
Dificultade: Moderada
Punto de inicio e fin: Cemiterio de Cervás (Cervás)
Patrimonio: Inmaterial, paisaxístico, xeolóxico e biolóxicoEste percorrido transcorre integramente pola parroquia de Cervás, tomando o seu cemiterio como punto de partida e chegada, para acadar Punta Coitelada, un impresionante miradoiro natural. Os xistos, lousas e cuarcitas deixan paso ás paisaxes graníticas e acompañan á panorámica que, en días despexados, pode chegar ata a costa de Malpica e as illas Sisargas. O areal de Chanteiro ou a Ermida da Mercé son outros puntos do patrimonio aresán que destacan neste itinerario.