Ares é un pobo mariñeiro bañado polo Océano Atlántico, a súa localización dota ao municipio cunha costa de gran encanto e con praias de diferentes características. A vila forma parte do Golfo Ártabro composto tamén pola Ría de Ferrol, Betanzos e A Coruña.
Algúns dos accidentes paisaxísticos que se poden observar na vila son os cantís, onde o espectáculo das ondas rompendo contra as rocas non deixan a ninguén indiferente. A mellor maneira de gozar desta natureza é penetrándose nos numerosos carreiros próximos ao mar, que achegan a tranquilidade do océano e o aire puro dos bosques.
Ares daralle unha experiencia completa, xa que conta con moitas historias que lerá e gozará se decide continuar co roteiro.