O Concello de Ares e a Comisión de Festas de Cervás veñen de desvelar conxuntamente o cartel da nova edición da Festa do Arroz con Garrafón, un evento gastronómico e popular que naceu o verán pasado e volverá tamén neste período estival.
As dúas entidades involucradas na súa organización presentaron esta iniciativa que se organizará o venres, 25 de xullo, no Parque Rosalía de Castro, dende as 13:00 horas.
Con todo, alí estará tamén o especialista paelleiro José Aira para servir preto de 500 racións dunha receita singular: o arroz cocinado con polo, langostinos, mexilón, pota e un tipo de faba moi concreta, o garrafón. Son, todos eles, ingredientes que aluden á frase do coñecido veciño aresán Ramón Rey, falecido en 1982: “por terra, mar e aire, e por debaixo do auga…”.
A ración terá un prezo de 10 euros, incluíndo pan e auga ou viño.