- O 24 de xullo a partir das 22:30 horas proxectarase o filme ‘Momias’, unha película de animación para toda a familia.
O patio das Escolas do Lago acollerá este xoves, 24 de xullo, unha nova sesión do Ciclo de Cine de Verán ao aire libre que organiza o Concello.
Desta volta, será a quenda do filme ‘Momias’ (2023), unha aventura de animación ambientada no Antigo Exipto que se achegará ata un lugar singular: unha cidade repleta de momias. A película seguirá os pasos da princesa Nefer e do auriga de carros Thut, obrigados a casarse e a custodiar o anel real do Faraón. De feito, a desaparición desta xoia imperial será o motor que impulsa unha comedia animada para toda a familia.
A entrada ao Ciclo de Cine de verán é de balde e conta co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Todo listo para viaxar a Exipto!