SENDAres 2023 – TEMPADA I DE OUTONO A PRIMAVERA

Comparte este evento

FORMULARIO DE INSCRICIÓN: Ruta 9: Senderismo polo Golfo Artabro

https://forms.gle/bMy4bTEFzDMAoShN8

Un programa para coñecer e recoñecer o patrimonio natural dende o sendeirismo.

Ruta 1: Circular do Río Belelle (23 de outubro) – Prezo: 15 euros

  • Hora de saída en bus: 08:00 horas.
  • Hora de chegada: 14:00 horas.
  • Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
  • Información técnica: Ruta de 12 km// Desnivel + 290 m // Desnivel – 350 m. Dificultade: MEDIA.
  • Inscricións: ata as 15:00 horas do 9 de outubro na web municipal.
  • Límite de 25 prazas por orde de inscrición.

O río Belelle é coñecido pola súa fervenza e as súas augas claras. Neste percorrido, os sendeiristas poderán observar a famosa cascada dende diferentes puntos e gozar da variedades de tons verdes de vexetación. A ruta é de paso tranquilo e sen dificultades, un sendeiro perfecto para desfrutar da natureza.

Ruta 2: Muíños de Esmelle e mirador de Pedrouzo (13 de novembro) – Prezo: 15 euros

  • Hora de saída en bus: 08:00 horas.
  • Hora de chegada: 14:00 horas.
  • Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
  • Información técnica: Ruta de 11 km// Desnivel +300 m // Desnivel – 300 m. Dificultade: MEDIA – BAIXA.
  • Inscricións: ata as 15:00 horas do 1 de novembro na web municipal.
  • Límite de 25 prazas por orde de inscrición.

Esmelle sitúase nun pequeño val conformado por varios regatos que desembocan na propia Praia de Esmelle, un dos areais máis impresionantes de Ferrolterra. O percorrido desta ruta arranca na Asociación de Veciños de Val de Esmelle e chega ata o mirador do Pedrouzo, onde se accederá a un antigo búnker das baterías da costa do Golfo Ártabro. Despois, os sendeiristas dirixiranse case ata a Praia para encarar o camino de volta.

Ruta 3: Acantilados da Costa de Dexo (18 de decembro) – Prezo: 15 euros

  • Hora de saída en bus: 08:00 horas.
  • Hora de chegada: 15:00 horas.
  • Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
  • Información técnica: Ruta de 11 km// Desnivel + 315 m // Desnivel – 315 m. Dificultade: MEDIA – BAIXA.
  • Inscricións: ata as 15:00 horas do 8 de decembro na web municipal.
  • Límite de 25 prazas por orde de inscrición.

O monumento natural Costa de Dexo- Serantes ocupa un tramo costeiro entre os faros de Mera e o porto de Lorbé, nas ría de Ares – Betanzos e A Coruña. Este percorrido achegará ós participantes unha zona costeira con calas sorprendentes e formacións xeolóxicas producidas pola forza do mar.

Ruta 4: Doniños – Prior (15 de xaneiro) – Prezo: 15 euros

  •  Hora de saída en bus: 08:00 horas.
  • Hora de chegada: 16:30 horas.
  • Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
  • Información técnica: Ruta de 17 km// Desnivel + 300 m // Desnivel – 340 m. Dificultade: MEDIA – BAIXA.
  • Inscricións: ata as 14:00 horas do 8 de xaneiro na web municipal.
  • Límite de 25 prazas por orde de inscrición.

O percorrido permite achegarse ata un dos extremos do Golfo Ártabro: o cabo Prior. Desfrutarase das praias de San Jorge e Esmelle e, xa en Prior, os sendeiristas atoparán restos de fortificacións e emprazamentos de baterías que protexeron a costa ao longo da súa historia.

Ruta 5: Eume – Eirís (19 de febreiro) – Prezo: 15 euros

  • Hora de saída en bus: 08:00 horas.
  • Hora de chegada: 16:30 horas.
  • Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
  • Información técnica: Ruta de 14 km// Desnivel + 250 m // Desnivel – 260 m Dificultade: MEDIA.
  •  Inscricións: ata as 15:00 horas do 8 de febreiro na web municipal.
  • Límite de 25 prazas por orde de inscrición.

O itinerario discurrirá por parte do río Eume, amosando a beleza da súa paisaxe e a cultura local adherida a este. A ruta incluirá un tramo do camino dos Encomendadeiros, polo mosteiro de Caaveiro para continuar o descenso xa cara a Igrexa de Santo Estevo de Eirís, do século XIX.

Ruta 6: Meirás – Praia de Ponzos (12 de marzo) – Prezo: 15 euros

  • Hora de saída en bus: 08:00 horas.
  • Hora de chegada: 17:00 horas.
  • Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
  • Información técnica: Ruta de 19 km// Desnivel + 600 m // Desnivel – 550 m. Dificultade: MEDIA – ALTA.
  • Inscricións: ata as 15:00 horas do 1 de marzo na web municipal.
  • Límite de 25 prazas por orde de inscrición.

Camiñando a través de tres concellos, Narón, Valdoviño e Ferrol, os sendeiristas aproximaranse ata o alto do pico da Vela ou Campelo, unha atalaia perfecta para contemplar dende Punta Frouxeira a contorna de Cabo Prior. Tamén coñecerán a Praia de Ponzos.

Ruta 7: Circular Cantís de Cedeira (16 de abril) – Prezo: 15 euros

  • Hora de saída en bus: 08:00 horas.
  •  Hora de chegada: 17:00 horas.
  • Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
  • Información técnica: Ruta de 16 km// Desnivel + 75 m // Desnivel – 760 m. Dificultade: ALTA.
  • Inscricións: ata as 15:00 horas do 3 de abril na web municipal.
  • Límite de 25 prazas por orde de inscrición.

Os bosques e os cantís da costa de Cedeira serán un dos principais atractivos deste itinerario. Dende a ermida de San Antón de Curbeiro subirase ós montes de Cedeira e retornarase xa polos cantís á ermida, divisando a contorna de San Andrés de Teixido, no camino dos sendeiristas.

Ruta 8: etapas do Camiño Primitivo (20 e 21 de maio) – Prezo: Por determinar

  • Hora de saída en bus o sábado: 06:30 horas.
  • Hora de chegada o domingo: 19:30 horas.
  • Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
  • Información técnica: consta de dúas etapas.
    1. Etapa 1: Fonsagrada – O Cadavo. Ruta de 26 km// Desnivel + 700 m // Desnivel – 895 m. Dificultade: ALTA.
    2. Etapa 2: O Cadavo. Ruta de 15 Km // Desnivel + 400 m // Desnivel – 320 m. Dificultade MEDIA.
  • Inscricións: ata as 14:00 horas do 4 de maio na web municipal.
  •  Límite de 25 prazas por orde de inscrición.

Aloxamento no albergue San Mateo (O Cádavo) con desayuno incluído. O resto das comidas e ceas corren por conta dos participantes.

O Camiño Primitivo é a ruta de peregrinación máis antiga que existe. Enlaza Oviedo con Santiago de Compostela polo interior. Neste itinerario, os sendeiristas percorrerán dúas das súas etapas, dende A Fonsagrada a O Cádavo, acompañados pola exuberante vexetación dos bosques e achegándose resto arqueolóxicos con milleiros de historias que contar.

Ao remate da Etapa 2, irase ata Lugo para tempo libre e xantar para chegar a Ares, ás 19,30h. apróx

Ruta 9: Senderismo polo Golfo Artabro (18 de xuño) – Prezo: 8 euros

  • Hora de saída a pé: 09:00 horas.
  • Hora de chegada en bus: 14:00 horas.
  • Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
  • Información técnica: Ruta de 14 km // Desnivel + 355 m // Desnivel – 361 m. Dificultade BAIXA.
  • Inscricións: ata as 00:00 horas do 11 de xuño na web municipal.
  • Límite de 50 prazas por orde de inscrición.

Saída ás 9h. dende a Praza da Igrexa para dirixirse polo sendeiro da costa ata Chanteiro. Percorreremos toda a senda do litoral, bordeando Ares, Lubre, Cervás, Punta Coitelada e praia de Chanteiro, onde rematará a ruta. A continuación e tras unha breve parada, retornaremos a Ares en bus, poñendo fin a esta actividade sendeirista.

NORMATIVA DO PROGRAMA

Esta programación de sendeirismo pretende propiciar o desenvolvemento da actividade física no medio rural, axudar a establecer formas de vida saudables e promover o coñecemento da nosa contorna dende unha percepción activa.

Está dirixido a calquera persoa maios de 12 anons. No caso de menores de idade, deberá participar sempre baixo a tutela dun adulto responsable, que deberá ser comunicado no momento da inscrición.

As inscricións realizaranse para cada actividade por separado na forma e prazos establecidos. Rematado o prazo, elaborarase un listado de participantes e unha lista de garda que se empregará no caso de que houbera baizas.

Para formalizar a inscrición é preciso acceder á web municipal (www.concellodeares.gal) e premer en SendAres 2023; desta maneira enviarase a solicitude de participación. As solicitudes quedarán rexistradas por orde de inscrición, de cara a confeccionar os listados de cada ruta en base a este criterio.

Unha vez confirmada a praza a cada solicitante, indicarase a forma de pagamento. Cada ruta ten un prezo distinto no que se incluirá servizos de guía, seguros e transporte.

Os desprazamentos serán sempre en microbuses, saíndo e regresando ós puntos establecidos previamente. Por norma xera, partirase da Praza da Igrexa de Ares. Nas viaxes será obrigatorio empregar a máscara de hixiene sanitaria.

Cada participante deberá levar a súa mochila cos elementos necesarios para a ruta, sen esquecer o seu avituallamento persoal, amais do calzado e da roupa adecuada á práctica deportiva.

PROGRAMA SENDAres en pdf

 

Pódeche interesar...

Eventos

Vive o Nadal, Vive Ares

ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE NADAL 2024: https://forms.gle/KCwadgrJmuqLCTtE7 ACTIVIDADES NA CASA DA XUVENTUDE NADAL 2024: https://forms.gle/5hpLn3MVSfWSBh1v5 OBRADOIROS DE NADAL NA BIBLIOTECA 2024: https://forms.gle/1tgkGSrzLD4LWs3i6   MÉRCORES, 4 DE

Eventos

MercAres 2024-2025

CAMPAÑA DE APOIO AO PEQUEÑO COMERCIO E Á HOSTELERÍA DE ARES 1 de decembro do 2024 ao 31 de xaneiro do 2025 BASES DE PARTICIPACIÓN