Avisos

Un programa para coñecer e recoñecer o patrimonio natural dende o sendeirismo.

Ruta dobre: Camiño dos Faros

Día 1: Muxía – Nemiña (12 de setembro)

Prezo (2 rutas): 110 €*

  • Hora de saída en bus: 07:00 horas.

  • Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.

  • Información técnica: ruta de 25 km // Desnivel + 1100 m.

  • Inscricións:

    • Empadroados/as: Do 18 ao 19 de xuño con prioridade de inscrición.

    • Non empadroados/as: Do 19 até o 26 de xuño, inclusive.

Trátase dunha das etapas máis agrestes e auténticas do Camiño dos Faros, un itinerario con subidas e baixadas entre cantís, calas escondidas e miradoiros infinitos. Os sendeiristas explorarán a contorna do Cabo Touriñán, o punto máis occidental da España peninsular, ata chegar á impresionante praia de Nemiña.

A noite farase nun albergue en Lires, en plena natureza, un lugar único para descansar xunto á ría máis pequena de Galicia.

*O prezo inclúe aloxamento no albergue As Eiras, cea o día 12, así como almorzo e tentepié na seguinte xornada.

Ruta dobre: Camiño dos Faros

Día 2: Nemiña – Faro Fisterra (13 de setembro)

Prezo (2 rutas): 110 €*

  • Regreso dende Fisterra: 19:00 horas.

  • Chegada a Ares aproximada: 21:00 horas.

  • Información técnica: ruta de 27 km // Desnivel + 800 m.

  • Inscricións:

    • Empadroados/as: Do 18 ao 19 de xuño con prioridade de inscrición.

    • Non empadroados/as: Do 19 até o 26 de xuño, inclusive.

A etapa final conduce cara o coñecido como ‘fin do mundo’. Cruzarase a ría de Lires para logo percorrer lugares emblemáticos como a Praia do Rostro, os cantís da Canousa ou o impresionante Cabo da Nave, culminando coa chegada ao Faro de Fisterra.

Así se concluirá unha experiencia con dous días marcados polo litoral galego, a natureza salvaxe e as historias que se agochan tras as paisaxes.

*O prezo inclúe aloxamento no albergue As Eiras, cea o día 12, así como almorzo e tentepié na seguinte xornada.

NORMATIVA DO PROGRAMA

Convócanse 23 prazas para toda a saída pola Costa da Morte, estando dirixidas para calquera persoa maior de 16 anos. No caso de menores de idade deberá participar sempre baixo a tutela dun adulto responsable que se comunicará no momento da inscrición.

Para formalizar a inscrición é preciso acceder á web municipal (www.concellodeares.gal) e premer en SendAres 2025/2026; desta maneira enviarase a solicitude de participación. As solicitudes quedarán rexistradas por orde de inscrición, de cara a confeccionar os listados de cada ruta en base a este criterio, así como a listaxe de agarda.

Unha vez confirmada a praza a cada solicitante, indicarase a forma de pagamento. O prezo é de 110 € por participante e leva incluído os servizos de guía, seguros, transporte e aloxamento dunha noite no albergue As Eiras, incluíndo cea o día 12 de xuño, así como almorzo e tentepié-picnic o día 13.

Os desprazamentos serán sempre en microbuses, saíndo e regresando ós puntos establecidos previamente. Partirase da Praza da Igrexa de Ares.

Cada participante deberá levar a súa mochila cos elementos necesarios para a ruta, sen esquecer o seu avituallamento persoal para as dúas xornadas. Igualmente faise necesario dispoñer de calzado e roupa adecuada.