O 1 de setembro poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares!

Retómase este servizo de renovación do DNI despois do parón estival nas instalacións da Alianza Aresana. Concerta a túa cita acudindo presencialmente ata alí ou a través do teléfono 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca.

Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da data de caducidade.