Servizo municipal de augas
LOCALIZACIÓN
Avda. Saavedra Meneses, 12
15624 ARES
A Coruña
TEL. OFICINA
981 338 715
TEL. AVERÍAS
617 506 035
O servizo municipal de augas encárgase do mantemento e conservación da rede de abastecemento e sumidoiros, así como do control xeral da calidade da auga potable a través dos depósitos, o nivel de cloro e outros parámetros obxectivos. De igual maneira, tamén executa o control analítico mensual de toda a rede, a lectura de contadores ou a reparación de averías e control de fugas.
Os abonos para o servizo solicítanse mediante a oportuna petición de alta e subscrición da póliza de abono, na que o interesado declarará ademais da filiación e domicilio, o fin e uso ao que destinará a auga, fronte á vivenda, e demais datos complementarios para o perfecto coñecemento e determinación da clase e importancia do servizo que se pretenda e concesión e instalación do aproveitamento. As peticións levarán implícito o compromiso do peticionario para cumprir as disposicións consignadas. Os contratos ou pólizas de abono serán facilitados ou cubertos pola oficina do servizo.
Documentación asociada á contratación:
ALTAS DO SUBMINISTRO
- Certificado de instalación de fontanería. Solicitarase o modelo de certificado definido, exclusivamente en vivendas ou establecementos de nova construción.
- Copia NIF ou CIF.
- Licenza de 1ª Ocupación da vivenda ou edificio (en vivendas novas que se contratan por primeira vez). En caso de non disponer de licenza, e ser esta obrigatoria para o alta, será obrigatoria a autorización por escrito do concello.
- Licenza de apertura no caso de locais comerciais, industriais ou explotacións gandeiras ou, no seu defecto, solicitude de licenza.
- Licenza de obras (no caso de obras). En caso de non dispoñer de licenza, e ser obrigatoria para o alta, será obrigatoria a autorización por escrito do concello.
- Presentar escritura de propiedade ou presentar fotocopia de documento que acredite a propiedade da persoa que quere contratar, se non se trata de alugueiro, por exemplo o último recibo pago do imposto sobre bens inmobles.
- Fotocopia do contrato de alugueiro. Sendo, en todo caso, o propietario do ben inmoble o responsable civil subsidiario do posible non paso do arrendatario, segundo establece o artigo 17 da Lei 8/1989 do 13 de abril, reguladora de taxas e prezos públicos.
BAIXA DO SUBMINISTRO
- Estar ao corrente do pago do servizo, salvo que sexa unha baixa de oficio.
- Copia NIF ou CIF.
- Autorización firmada polo titular se este non é quen presenta a solicitude de baixa ou fotocopia da escritura da propiedade ou documento que a acredite.
A baixa deberá solicitarse con 15 días de antelación á data na que se pretenda que sexa efectiva.
- Documento que acredite a propiedade, ou autorización firmada polo propietario se este no é quen presenta a solicitude.
- Fotocopia do contrato de alugueiro. Sendo, en todo caso, o propietario do ben inmoble o responsable civil subsidiario do posible no pago do arrendatario, segundo establece o artigo 17 da Lei 8/1989 do 13 de abril, reguladora das taxas e prezos públicos.
- Certificado de defunción no caso de falecemento.
- Copia do NIF ou CIF.