O Concello informa de que mañá, martes 26 de xuño, ás 11:00 horas aproximadamente, realizarase un simulacro de comprobación da nova serea de emerxencias que se vén de instalar en Redes, un dispositivo de seguridade no caso de que se producise unha inundanción pola rotura da presa do Eume.

Porén, no caso de mañá, só será un testeo para revisar o seu correcto funcionamento.