Se queres participar do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres que se celebra este vindeiro 25 de novembro, lembra que en Ares tes a oportunidade de asistir totalmente de balde á ampla xornada divulgativa que promove a Concellaría de Igualdade ese mesmo día.
‘Violencia de xénero: perfil profesional, habilidades de intervención e autocoidado’ é o nome baixo o que se inscriben 4 ponencias e 1 mesa redonda con temáticas especializadas, abordando dende procesos de intervención psicolóxica e xurídica con vítimas de violencia de xénero a formas de aplicar o autocoidado do persoal profesional que traballa día a día cun campo tan sensible.
Psicólogas, traballadoras sociais ou asesoras xurídicas estarán na nosa localidade achegando o seu coñecemento como expertas na materia. Para sumarte a esta actividade do 25N, só tes que inscribirte vía telemática na seguinte ligazón: https://forms.office.com/pages/responsepage.aspx?id=fJQgsNq62kKn1rZrS7zRKsO7EdKEaLlNnn2gl-hiVrJUNFRORkJMUjBaUTQ2TUtIWERQN1pUQUQwVi4u&route=shorturl&fbclid=IwY2xjawGqdF5leHRuA2FlbQIxMAABHQ5BVHAEvJk-bWQHUbGXEzYGWpnEqrfJMJJEh8AnLdKLHeODJQtsRkm8YQ_aem_bh-4TiZ6J0o5iHrhyQmBmA.
De igual xeito, habilitáronse os seguintes números de teléfono para a resolución de dúbidas: 633 230 054 – 613 196 841.