O pasado xoves, a Biblioteca Municipal de Ares acolleu o contacontos «Un monstro moi larpeiro», da man de Marisa Irimia, dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
As nenas e nenos desfrutaron dunha tarde chea de historias, risas e imaxinación arredor dos libros e da narración oral.
Grazas a Marisa Irimia e a todas as familias participantes!





