Cada participante pode presentar un orixinal inédito e que fale do proceso migratorio alén do mar, aínda que tamén pode tratar de calquera outro lugar do mundo. Non é necesario que a emigración sexa o tema central da novela, pero si debe formar parte da trama ou da vida dalgunha das personaxes.
Ata o 10 de maio deste ano poderás remitir o teu manuscrito á seguinte dirección:
Rexistro Xeral, Concello de Ares, Área de Cultura.
Avenida Saavedra Meneses, 12. CP: 15624 (Ares, A Coruña)
As obras deberán contar cunha extensión que oscile entre os 80.000 e 140.000 caracteres con espazos. Presentaranse tres copias impresas, mecanografadas a unha soa cara e con letra Times New Roman, tamaño 12, sen firma nin elementos identificativos. Deberán incluír o título e o pseudónimo do autor/a para garantir o anonimato. Ademais das copias físicas, é necesario enviar un CD ou pendrive co arquivo dixital en formato OpenOffice, Word ou outro similar.
O Premio Novela Curta Alén Concello de Ares está dotado cun galardón de 2.000 euros e a publicación da obra no catálogo de Hércules de Ediciones. O fallo do xurado, composto por persoas de recoñecido prestixio cultural, realizarase durante o mes de xuño de 2024.
A entrega do premio e a presentación do libro levaranse a cabo na segunda quincena de agosto de 2024, no marco da festividade do Ares Indiano, fortalecendo a conexión existente entre o concurso e a celebración dun evento que conmemora a memoria da migración local.
CONSULTA AS BASES COMPLETAS: https://concellodeares.gal/segundo-edicion-do-premio-novela-curta-alen-concello-de-ares-2023/