Se aínda non reservaches o teu asento no autobús que habilita o Concello para viaxar até Lugo e desfrutar do seu San Froilán, aproveita estes días e formaliza a túa inscrición nalgunha das últimas prazas dispoñibles.
A veciñanza de Ares achegarase até unha das principais celebracións do outono, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, o venres, 11 de outubro. Cun prezo de 12 euros ida e volta, o autobús sairá dende Ares, Porta do Sol, ás 10:00 horas e logo, dende Lugo ás 21:00 h. aproximadamente.
Vive así de primeira man estas festas patronais que se celebran dende 1754, cun casco histórico lucense cheo de actividades. Desfiles de cabezudos, charangas, espectáculos na rúa, música en directo, postos de artesanía e boa gastronomía dinamizarán Lugo.
Inscríbete de xeito presencial no Departamento de Servizos Sociais sito na Praza da Constitución, no seu horario cotián de apertura. Tes ata o 30 de setembro!
Teléfono para máis información: 981 448 354.