A concellaría de Deportes lembra que o prazo de inscrición para a Milla Urbana estará aberto ata as 23:59 horas do martes, 1 de agosto, a través desta ligazón: https://www.carreirasgalegas.com/events/xxxi-milla-urbana-concello-de-ares/wKmn2GmY
A XXXI Milla Urbana Concello de Ares, é unha proba oficial da FGA que forma parte do IX Circuíto provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. A variedade de percorridos e categorías converten a carreira nun evento de carácter familiar e interxeracional, para que todos os rangos de idade desfruten do deporte.
Segundo apunta a organización, os dorsais poderán retirarse na Alianza Aresana os días xoves 3 e venres 4 de agosto, de 9 a 13 horas, ou o mesmo sábado no lugar da proba ata media hora antes do inicio.
Estes son os horarios establecidos para cada categoría na xornada do 5 de agosto, cando se realiza a Milla Urbana:
- MILLA Saída 12:00 Distancia 1.609 km
- SUB 14 Saída 11:40 Distancia 1 km
- SUB 12 Saída 11:30 Distancia 0.8 km
- SUB 1 Saída 11:20 Distancia 0.5 km
- PREBENXAMÍN Saída 11:10 Distancia 0.25 km
- BIBERÓNS Saída 11:07 Distancia 0.1 km
- PREBIBERÓNS Saída 11:05 Distancia 0.05 km