A concellaría de Deportes lembra que o prazo de inscrición para a Milla Urbana estará aberto ata as 23:59 horas do martes, 1 de agosto, a través desta ligazón: https://www.carreirasgalegas.com/events/xxxi-milla-urbana-concello-de-ares/wKmn2GmY

A XXXI Milla Urbana Concello de Ares, é unha proba oficial da FGA que forma parte do IX Circuíto provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. A variedade de percorridos e categorías converten a carreira nun evento de carácter familiar e interxeracional, para que todos os rangos de idade desfruten do deporte.

Segundo apunta a organización, os dorsais poderán retirarse na Alianza Aresana os días xoves 3 e venres 4 de agosto, de 9 a 13 horas, ou o mesmo sábado no lugar da proba ata media hora antes do inicio.

Estes son os horarios establecidos para cada categoría na xornada do 5 de agosto, cando se realiza a Milla Urbana:

  • MILLA Saída 12:00   Distancia 1.609 km
  • SUB 14   Saída  11:40   Distancia 1 km
  • SUB 12   Saída  11:30  Distancia 0.8 km
  • SUB 1     Saída  11:20  Distancia 0.5 km
  • PREBENXAMÍN Saída 11:10 Distancia  0.25 km
  • BIBERÓNS           Saída 11:07 Distancia  0.1 km
  •  PREBIBERÓNS   Saída 11:05 Distancia  0.05 km