Este vindeiro 21 de abril rematará o prazo para que os locais de hostalería de Ares interesados en participar na última edición da ruta do pincho, DegustAres 2025, poidan sumarse á iniciativa do Concello.

A Concellaría de Comercio puxo a disposición dos hostaleiros e hostaleiras o correo electrónico lucia.blanco@concellodeares.com e o teléfono 677 12 41 21 para formular dúbidas e inscribirse no roteiro, que inclúe premios tanto para os negocios coma para a veciñanza participante.

Unha forma de degustar a gastronomía aresá, pasalo ben e dinamizar economicamente o municipio!