Últimos días para inscribirte na marcha reivindicativa Móvete pola Igualdade

Comparte esta nota de prensa

Este mércores, 6 de marzo, remata o prazo de inscrición do principal evento que conmemora o 8M, Día Internacional da Muller, en Ares. Participar é totalmente de balde e só precisas facer o trámite na páxina institucional www.concellodeares.gal.

Lembra que á túa disposición tes dous itinerarios, os dous coma símbolo do camiño percorrido e de todo o que aínda queda pendente de percorrer en materia de igualdade entre homes e mulleres:

  • RUTA 1: Andaina – 10 kms – Dificultade media-baixa, dende a Praza da Constitución pola costa de Ares cara a Redes, e logo regresarase á vila cruzando a praia do Raso até Os Castros e Ponte da Ciscada. Admítense mascotas!
  • RUTA 2: O quilómetro da Igualdade – 1 km aproximadamente – Dificultade baixa, discurrindo dende a Ponte da Ciscada até a Praza da Constitución polo paseo marítimo.

Por unha sociedade máis xusta, súmate e Móvete pola Igualdade!

INSCRICIÓNS: https://forms.gle/UApvAyFVXbeyDF6s9

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,