Un prato con historia: Ares celebrou a segunda edición da Festa do Arroz con Garrafón en homenaxe a Ramón Rey

Comparte esta nota de prensa

O venres, 25 de xullo, o Parque Rosalía de Castro foi escenario da Festa do Arroz con Garrafón, un encontro popular e gastronómico impulsado polo Concello de Ares e a Comisión de Festas de Cervás para rendir homenaxe ao veciño Ramón Rey, falecido en 1982, mais moi presente na memoria colectiva aresá, sobre todo pola súa icónica frase: “por terra, mar e aire… e por debaixo do auga!”.

O especialista paelleiro José Aira achegouse ao Parque Rosalía para cociñar no momento arredor de 500 racións dunha receita simbólica, como forma de lembrar a Ramón Rey, alcumado Garrafón: arroz con polo, langostinos, mexillóns, pota e a característica faba de tipo ‘garrofón’.

Así, con pan, auga ou viño, a gastronomía serviu como ferramenta para coidar da memoria de Ares!

 

 

 

 

Pódeche interesar