O investigador Xurxo Antelo debullou o venres pasado a evolución de Ares entre 1940-1970 no marco do seu relatorio ‘Vida e vivenda mariñeira‘. Fíxoo no salón de actos da Alianza aresana, onde amosou como a chegada e amplificación do turismo tivo unha pegada na localidade, como tamén o tiña a tradición mariñeira na morfoloxía e sociedade aresáns.
Antelo, pertencente ao grupo de investigación HISTRAGA da Universidade de Santiago de Compostela (USC), puxo parte da súa atención nas denominadas como Casas Baratas ou Grupo de Vivendas Salvador Moreno, un dos principais focos da súa investigación, acompañado pola concelleira de Cultura, Alma Barrón.