O Club Remo de Ares vén de recibir boas novas onte mesmo, domingo 2 de marzo, no Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Indoor organizado en Boiro pola Federación Galega de Remo e o Club Cabo de Cruz.
O equipo de alevín mixto de Ares proclamouse campión galego da competición deportiva, pero tamén os cadetes masculinos acadaron o subcampionato. Na clasificación xeral, o Club Remo de Ares quedou entre os seis primeiros postos dos vinte e sete que participaron no Campionato, un resultado que fala do bo facer na canteira aresá.
Un futuro do que sentirse orgullosos. Parabéns, rapaces e rapazas!
CAMPIÓNS GALEGOS REMO INDOOR (ALEVÍN MIXTO):
Yuri – Alex – Julia – Paula – Noelia – Gaia – Gael – Marko
SUBCAMPIÓNS GALEGOS (CADETES MASCULINOS):
Lucas V. – Adrián – Leo – Hugo – Luis – Pedro – Lucas G. – Dani
Podes ver de novo a competición na seguinte ligazón: www.youtube.com/live/RSY5PMRDC7Y