Este sábado pasado, 14 de marzo, veciños e veciñas concentráronse diante do Concello para sumarse ós actos que se estaban a celebrar noutros 190 municipios pola plataforma Parar a Guerra, todos eles reclamando o fin da escalada bélica en Oriente Medio.
A concentración formou parte dunha xornada estatal para reivindicar o respecto ao dereito e a legalidade internacionais e reclamar unha paz xusta e duradeira en Palestina, que pasa polo remate do xenocidio en Gaza.
Ao acto tamén acudiu o alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesas Redondo, así como as concelleiras Victoria Montenegro, Alma Barrón, Lucía Blanco e Olimpia Marcos, integrantes do grupo de goberno.
Unha mobilización para lembrar que frente ao odio e á ocupación, apóstase pola xustiza, a convivencia e a paz.



