O patio das Escolas do Lago acolleu onte a primeira das proxeccións organizadas pola Concellaría de Cultura no marco do Ciclo de Cine de Verán, unha programación ao aire libre e de balde coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Na sesión inaugural proxectouse a película “Ratón Pérez 2”, unha historia chea de aventuras protagonizada por Lucas, un neno de oito anos decidido a descubrir os segredos do famoso Ratonciño na súa arte de transformar dentes en moedas. A iniciativa encheu as Escolas do Lago de rapazada e familias dispostas a pasalo ben entre palomitas, cunha boa historia e baixo o amparo da noite!
Con esta actividade, o Concello de Ares dá comezo a un ciclo que se prolongará durante o verán, con novas citas previstas para o 24 de xullo e o 14 de agosto.