Unha sesión de zumba para despedir o 2025

Comparte esta nota de prensa

O 31 de decembro, entre as 12:00 e 13:00 h., despide o ano con zumba nesta proposta da Concellaría de Deportes!

A sesión, ZumbAres Fin de Ano, farase na Praza da Constitución ou, no caso de condicións metereolóxicas adversas, na pista exterior do CPI As Mirandas no mesmo horario.

A iniciativa está pensada para todas as idades e só precisa de inscrición previa na Alianza Aresana ou telefonicamente no 981 448 057 ata as 13:00 horas do 29 de decembro.

Non o dubides e di adeus ao ano con movemento e diversión! Zúmballe con nós!

Pódeche interesar