VERANEARES DEPORTIVO 2025

Comparte este evento

Apertura de prazo 02-06-2025

CAMPAMENTO DEPORTIVO URBÁN 

– IDADE E PRAZAS:
  • De 6 a 12 anos – nados/as entre os anos 2013 e 2019, ambas anualidades incluidas
  • 25 prazas dentro das 3 quincenas que compoñen o campamento

– LUGARES E HORARIOS:

  • No pavillón municipal, pista cuberta do CPI As Mirandas e espazos exteriores da vila (parques, prazas, praia…).
  • De luns a venres laborables, de 10:00 a 13:00 horas.

– PREZOS:

  • Quincenais: 33,16 euros (empadroad@s) / 55,25 euros(non empadroad@xs)
  • Mensuais: 60,77 euros (empadroad@s) / 104,98 euros (non mpadroad@s)

XUVENTUDE VERÁN ACTIVO

Padelsurf, kaiak, voleipraia, pádel, tenis de mesa e danzas urbanas
 
– IDADE E PRAZAS:
  • Para rapaces e rapazas de 12 a 16 anos – poderán tomar parte con 12 anos cumpridos ou que se cumpran na anualidade 2025.
  • 12 prazas por quincena

– LUGARES E HORARIOS:

  • Os espazos varían en función da actividade a desenvolver
  • Non obstante, kaiak e padelsurf serán sempre no Club Marítimo de Redes.
  • De luns a venres laborables, de 10:00 a 13:00 horas
– PREZOS:
  • Quincenais: 50 euros (empadroad@s) / 80 euros  (non empadroad@s)
  • Inclúe os materiais para as distintas actividades.

XOGOS DEPORTIVOS EN CERVÁS-CHANTEIRO

– IDADE E PRAZAS:

  • De 4 a 9 anos de idade (poderán tomar parte só os nenos/as con 4 anos ou que os cumpran no ano 2025)
  • 10 prazas por quenda

– LUGARES E HORARIOS:

  • Na pista polideportiva de Chanteiro e no local social do C. C. Outeiro.
  • Cada luns e mércores, de 11:00 a 13:00 h.

– PREZOS:

  • Quincenais: 15,67 euros (empadroad@s) / 33, 15 euros (non empadroad@s)
  • Mensuais: 27,63 euros (empadroad@s) / 60,77 euros (non empadroad@s)

TRÁMITES E INSCRICIÓNS

As reservas realizaranse para as tres quincenas habilitadas: do 1 ao 15 de xullo (1a quenda), do 16 ao 31 de xullo (2a quenda) e do 1 ao 14 de agosto (3a quenda). Existe a posibilidade de apuntarse por mensualidade completa, previo pago adiantado do importe.

A inscrición será a través da web www.concellodeares.gal, no apartado VeraneAres Deportivo 2025. As prazas cubriranse por orde de inscrición, ata esgotar as prazas, nos prazos que seguen::

  • Empadroad@s ou nen@s con titores empadroad@s: do 2 ao 12 de xuño.
  • Resto de persoas: do 16 ata o 20 de xuño.

No caso de dúas ou máis inscricións por núcleo familiar, aplicarase un desconto dun 25 % na segunda e sucesivas inscricións.

Procedemento de pago: unha vez confirmada a praza, haberá un período para efectuar a transferencia bancaria nun número de conta destinado a tal efecto.
Lembra que esta información de reserva e prazos só atinxe ao campamento deportivo urbán, xogos deportivos en Cervás-Chanteiros e Xuventude Verán Activo..
Os rapaces e rapazas solicitantes deberán posuír aptitude e autonomía suficientes para desenvolver as actividades do programa VeraneAres Deportivo 2025.
O Concello de Ares disporá de cremas fotoprotectoras para a rapazada participante, que deberán aplicarse antes de comezar a actividade cada xornada (no caso de que as familias non autoricen esta aplicación deberán informar ao monitorado e traer aplicada a súa propia crema protectora).

Pódeche interesar...

Avisos

VERANEARES DEPORTIVO 2025

Apertura de prazo 02-06-2025 CAMPAMENTO DEPORTIVO URBÁN  – IDADE E PRAZAS: De 6 a 12 anos – nados/as entre os anos 2013 e 2019, ambas

Avisos

I FESTA POPULAR

🎉 I FESTA POPULAR📍 Na Praza da Constitución (Palco)📅 17 de maio 🕐 13:00 hTeremos tapas de culler a prezos populares: Callos Caldo galego Arroz